FEUGA introdúcenos cun webinar nas posibilidades de Office 365
xoves, 28 de maio do 2020
A
fundación FEUGA, con sede
principal no Campus Sur de Santiago, vai organizar os días vindeiros
un webinar sobre Office 365. A actividade, de 16 horas,
celebrarase os días 5, 12, 19 e 26 de xuño en formato virtual, e a
persoa encargada de impartir os contidos será Javier Perucha. O
curso online forma parte dun programa de choque contra as
consecuencias económicas da crise sanitaria: un programa formativo
en directo que bota man das novas tecnoloxías para fortalecer os
recursos dos nosos estudantes e profesionais ante a desescalada. “Só
se precisa un un computador, tableta ou teléfono móbil conectado a
Internet, altofalantes, micrófono e webcam para vernos”, explican
dende FEUGA.
A
fundación engade que Office 365 ofrece “un nivel de produtividade
completamente novo”, permitindo aos seus usuarios crear, acceder e
compartir documentos desde calquera dispositivo. Ademais, “achega
aplicacións específicas en seis áreas fundamentais do crecemento
do negocio: mobilidade, colaboración, comunicación, seguridade,
produtividade e información”, explica a fundación, salientando a
flexibilidade da ferramenta, a marxe de rendemento e o seu potencial
para reducir os custes de organización.
No
curso aprenderase aos participantes a traballar eficazmente coas
ferramentas empresariais de Office 365, tales como SharePoint, Flow,
Teams ou Planner.
