Fable adía o seu lanzamento

luns, 1 de xuño do 2026 Marcus Fernández

Unha das franquías máis queridas de Xbox, Fable, leva bastante tempo fraguando o seu relanzamento da man de Playground Games (responsables de Forza Horizon) e aínda que hai poucos meses aseguraban que o novo Fable chegaría a Xbox Series X|S, PS5 e PC no outono, o lanzamento farase agardar, para non coincidir cos grandes lanzamentos que chegarán despois do verán.
Dende Xbox recoñecen abertamente que este ano chegarán xogos tan importantes como Halo :Campaign Evolved, Gears of War: E-Day, Call of Duty Modern Warfare 4, Control Resonant, Star Wars: Galactic Racer e, como non, Grand Theft Auto VI, polo que decidiron desprazar a data de lanzamento de Fable a febreiro de 2027, para que o xogo poida ter un momento de seu no que poder recibir a atención que merece. Tamén avanzan que darán detalles sobre o novo xogo no Xbox Games Showcase que celebrarán o vindeiro día 7.

Breve adianto do novo Fable