Facebook Shops facilitará que os pequenos negocios vendan a través da Rede
mércores, 20 de maio do 2020
Nos últimos anos Facebook fixo numerosos achegamentos ao comercio
electrónico, facendo que a experiencia de compra estea cada vez máis preto do usuario
das súas plataformas, reducindo ao máximo a fricción para facer realidade o comercio
social, e avanzando nesta liña están a lanzar nos EE.UU. Facebook
Shops, unha plataforma que facilita aos negocios vender directamente a
través de Facebook e Instagram, e que nos vindeiros meses pretende chegar ao
resto do mundo.
Os negocios poden crear unha tenda virtual de balde, seleccionan os produtos
que queren destacar do seu catálogo e contando con numerosas opcións de
personalización, de xeito que negocios de calquera tamaño teñen agora unha nova
canle de comercialización para os seus produtos, que aproveita o potencial da canle
en liña, xa que permite que os clientes contacten cos negocios a través de
WhatsApp, Messenger e Instagram Direct, canles de comunicación que inicialmente
só funcionan para a atención ao cliente, pero que no futuro permitirán pechar
compras directamente.
Esta nova plataforma comercial está deseñada coa vista posta nas tendencias
actuais, e por iso non deixan de lado as retransmisións de vÃdeo en directo,
nas que no futuro os vendedores, as marcas e os creadores poderán amosar unha
selección de produtos ligados á Facebook Shop correspondente, de xeito que os
espectadores poderán saber rapidamente máis sobre os produtos e incluso mercalos,
facendo que estes directos sexan moitos máis efectivos.
Facebook tamén prevé a integración de programas de fidelización e a integración
con plataformas de comercio electrónico actuais como Shopify ou WooCommerce.

- As tendas poderán ofrecer os seus produtos a través de retransmisións en directo
