Facebook estrea un novo xeito de levar os seus vÃdeos ao televisor
xoves, 13 de outubro do 2016
Os vÃdeos en Facebook cobran cada vez unha maior
importancia, e conscientes diso, e das posibilidade que ofrecen trebellos que
facilitan trasladar os vÃdeos na Rede ao televisor, dende Facebook anunciaron
hoxe unha importante mellora no seu reprodutor de vÃdeo que están comezando a
aplicar, de xeito que cando esteamos a ver un dos vÃdeos poderemos facer
que se reproduzan no televisor a través de Apple TV, Chromecast ou outros
dispositivos compatibles con Google Cast.
Esta tecnoloxÃa para levar os vÃdeos de Facebook ao televisor comeza a
funcionar en dispositivos con iOS e na versión web de Facebook, estando
previsto que en breve funcione tamén en Android, buscando asà que cando un
usuario poda proxectar un vÃdeo do seu teléfono ou ordenador persoal ao
televisor, premendo na icona con forma de televisor que aparece nunha das
esquinas dos vÃdeos, de xeito que, mentres se reproduce o vÃdeo na pantalla
grande o usuario pode o seu dispositivo móbil ou ordenador para comentar o que
está a ver ou buscar outros contidos para reproducir a continuación. No caso de
retransmisións de vÃdeo en directo será posible ver as reaccións e comentarios
en pantalla, asà como unirse á conversa reaccionado e comentando.