Facebook incentiva economicamente o uso do seu servizo de vÃdeo en directo
xoves, 7 de abril do 2016
Onte comentamos como Facebook
Live estaba a dar pasos axigantados, e o servizo que comezou
servindo de plataforma para que as celebridades conectasen con seu público querÃa
converterse nunha ferramenta masiva, para o que Facebook estarÃa a pór cartos
sobre a mesa, xa que ten que compensar rapidamente a posición lÃder que
actualmente ten o Periscope de Twitter, polo que precisa dun esforzo adicional.
Deste xeito nas últimas semanas xa se soubo que Facebook estarÃa
a incentivar economicamente o emprego de Facebook Live por parte de famosos
(aÃnda que fálase de só un cento de celebridades) e agora sorprende bastante
máis o feito de que Facebook
quere que medios como BuzzFeed e o New York Times fagan uso do seu servizo de
vÃdeo en directo, estando dispostos a pagarlles por facer tal. Falamos de
casos moi puntuais, nos que certos medios realizarÃan transmisións de vÃdeo en
directo a través de Facebook para popularizar a ferramenta, que busca gañar
pulo para converterse no grande referente do sector (aproveitando a masa de usuarios
de Facebook).
Tastemade producirá 100 retransmisións ao mes

- As probas de Tastemade con Facebook Live tiveron grande éxito
Nesta liña a rede de vÃdeos Tastemade, especializada en
contidos de viaxe e comida, anunciou que vai
lanzar unha programación en directo exclusiva para Facebook, que incluirÃa
un cento de retransmisións ao mes. Parece unha idea arriscada, pero en canto
vemos os resultados das probas realizadas recentemente por Tastemade resulta
evidente que este novo xeito de publicar contidos ten moito potencial. Comentan
que unha das súas últimas retransmisións conseguiu xuntar a 100.000
espectadores simultáneos, acumulou 1.4 millóns de visualizacións na primeira
hora, superou o millón de espectadores, tivo 33.000 gústames e compartidos, e
91.000 comentarios, polo que haberá quen incluso vexa esta plataforma
audiovisual como un competidor dos medios de comunicación tradicionais.
Os contidos de Tastemade para Facebook consistirán en programas de cociña,
titoriais de receitas, programas de viaxes e incluso novos formatos deseñados
especialmente para Facebook Live, tendo estes programas unha duración de entre
10 e 60 minutos e retransmitÃndose dende localizacións espalladas polo mundo e
con contidos en distintos idiomas.
Esta rede de vÃdeos ten uns 100 millóns de usuarios mensuais activos e supera
os 1.500 millóns de reproducións de vÃdeo ao mes, polo que é unha boa mostra do
que o vÃdeo en liña pode conseguir cos contidos e formatos axeitados.
