Facebook incorpora notificación push no iPhone
xoves, 7 de xaneiro do 2010
A aplicación
de Facebook para o iPhone é unha das máis populares para o móbil de
Apple, pois permite controlar a nosa actividade nas redes sociais dende
calquera lugar, pero vén de dar un paso adiante na súa integración co iPhone ao
actualizarse incorporando
notificacións push e sincronización
de contactos.
As notificacións push permiten que as
actualizacións que queiramos aparezan automaticamente no móbil sen precisar de
ter aberta a aplicación de Facebook a cada momento, mentres que a
sincronización de contactos permÃtenos engadir as imaxes dos perfÃs de Facebook
aos contactos coincidentes coa nosa axenda no móbil.
As actualizacións que podemos elixir para a súa transformación en notificacións
push son as correspondentes a
mensaxes, publicacións no muro, solicitudes de amizade, confirmacións de
amizade, etiquetas de fotos, eventos e comentarios, de xeito que un usuario
pode activar ou desactivar as que considere máis importantes, en boa medida
para evitar que as notificacións estean a chegar constantemente (o que farÃan
bastante incómoda esta prestación).