Facebook permitirá crear álbums fotográficos entre varios usuarios
martes, 27 de agosto do 2013
Dende
a pasada noite Facebook está a probar unha nova funcionalidade entre un grupo
reducido de usuarios norteamericanos, que nos vindeiros dÃas aplicarase a todos
os usuarios de EE.UU. para trasladarse logo a todo o mundo e que consiste na
posibilidade de crear álbums
fotográficos compartidos. Este novo tipo de álbum de fotos permite que os
usuarios poidan engadir a amigos como contribuidores, de xeito que ata 50
usuarios poderán engadir imaxes á colección, o que resulta especialmente
práctico para recompilar fotografÃas tomadas por varias persoas durante
encontros presenciais.
O novo tipo de galerÃa tamén ten axustes de privacidade de seu, podendo facerse
que os álbums só sexan visibles para os contribuidores, que tamén os poidan ver
os amigos ou mesmo que sexan públicos. Cómpre destacar que no caso de facer un
álbum visible para os amigos inclúense tanto aos amigos do creador do álbum
como de cada un dos contribuidores, algo a ter moi en conta, pois pode supor
unha exposición moi superior á agardada.
Cando a nova funcionalidade está activa, ao entrar nun dos nosos álbums teremos
un botón que facilita a conversión do mesmo en álbum compartido, aparecendo
logo un botón para engadir contribuidores.