Facebook renova a súa aplicación para Android
mércores, 4 de agosto do 2010
Nas últimas horas
incorporouse ao Android Market a versión 1.3 da aplicación de Facebook, que
supón unha importante
actualización desta ferramenta, especialmente no tocante á súa interface de
usuario, que agora integra eventos de Facebook, peticións de amizade e
reprodución de vÃdeo na propia aplicación, renovando tamén a barra de
notificación, aÃnda que o detalle máis rechamante é que na páxina principal de
Facebook para Android temos que na parte inferior da pantalla aparece un fluxo
de imaxes que representa contidos compartidos polos nosos amigos (detalle no
que toma dianteira á aplicación para iPhone da que parece copiar moitas das
novas caracterÃsticas).
A nova aplicación dista de ser perfecta (detectamos problemas coas
notificacións, que establecen ligazóns externas que non operan axeitadamente)
pero é unha importante mellora con respecto da versión anterior, facilitando o
uso móbil de Facebook. A principal carencia da aplicación continúan a ser a ausencia do
chat de Facebook, presente na versión da aplicación para iPhone e incluso
na aplicación de Tuenti para Android.