Femxa aposta pola IA no lanzamento da súa nova marca de FP profesional
martes, 17 de marzo do 2026
Femxa, entidade galega con máis de 25 anos de experiencia, especializada en consultorÃa e formación profesional e para o emprego, vén de presentar XFP en AULA, o Salón Internacional do Estudante e da Oferta Educativa, celebrado en IFEMA Madrid dentro da Semana da Educación, un dos principais encontros educativos do paÃs que reúne cada ano a miles de estudantes, orientadores e centros formativos.
XFP é unha nova marca coa que Femxa impulsará a súa oferta de Formación Profesional oficial, ampliando asà a súa traxectoria instruÃndo a persoas e organizacións no eido da formación para o emprego. Dicir que XFP nace coa vontade de responder ao crecemento da Formación Profesional en España e á crecente demanda de perfÃs técnicos cualificados por parte das empresas.
Con XFP, Femxa incorporará ao seu ecosistema educativo ciclos formativos regulados de Grao Superior, con titulación oficial e un enfoque pedagóxico baseado na aprendizaxe práctica, o desenvolvemento de competencias dixitais e a conexión co mercado laboral. O modelo formativo de XFP integra ademais o uso estratéxico da intelixencia artificial como competencia transversal, permitindo que o alumnado aprenda a traballar con estas ferramentas desde o inicio da súa formación e poida aplicalas posteriormente no seu ámbito profesional. Os primeiros ciclos formativos están previstos para comezar en setembro, coincidindo co inicio do curso académico 2026/2027.
Dicir que a oferta formativa impartirase tanto en modalidade en liña como presencial no novo centro de Formación Profesional XFP en Madrid, un espazo formativo de máis de 2.000 metros cadrados equipado con aulas tecnolóxicas, zonas de traballo colaborativo e recursos deseñados para favorecer unha aprendizaxe práctica e conectada coa realidade empresarial. O centro abrirá proximamente as súas portas para a realización de visitas, co obxectivo de que futuros estudantes e familias poidan coñecer de primeira man as súas instalacións e modelo formativo.
A aposta pola Formación Profesional prodúcese nun momento no que esta vÃa educativa consolÃdase como unha das máis eficaces para acceder ao mercado laboral. Segundo diversos estudos do ámbito educativo, sete de cada dez titulados de Formación Profesional conseguen emprego tras finalizar os seus estudos, máis en especialidades vinculadas aos ámbitos tecnolóxico, industrial e de servizos.
