Filtran detalles dos novos terminais de Dell
xoves, 22 de abril do 2010
- O Dell Lightning será o terminal de Dell que estreará o sistema operativo Windows Phone 7
Dende o blog tecnolóxico
Engadget sorprenderon agradablemente ao publicar detalles filtrados sobre o que
serán os novos terminais de Dell, compañÃa que está a preparar o Dell
Lightning, que sairÃa ao mercado a finais de ano para estrear o sistema
operativo Windows Phone 7, mentres que tamén amosan outros dispositivos
baseados en Android que Dell colocará no mercado nos vindeiros meses.
O Dell
Lightning é un móbil con teclado deslizante, procesador Snapdragon a
1 GHz, pantalla OLED de 4,1 polgadas, cámara de 5 MpÃxeles con enfoque
automático, 1 Gb de almacenamento interno, 512 Mb de RAM e lectura de tarxetas
microSD, GPS, acelerómetros, compás dixital, radio FM, soporte de Flash e un
deseño moi atractivo, sendo o seu principal defecto que farase de rogar, pois
non verá a luz ata o último trimestre do ano.
- Os Dell Flash e Smoke serán 2 dos móbiles con Android que prepara Dell
Dentro dos produtos que
funcionan con Android, poderiamos considerar que Dell tamén achegará un terminal moi semellante ao Lightning, o Dell
Thunder, que tamén contará cunha pantalla OLED de 4,1 polgadas,
soporte de Flash 10.1 e Android 2.1, agardando que tamén chegue cunha
aplicación para acceder aos vÃdeos de Hulu (nos EE.UU.), polo que serÃa un
equipo moi atractivo que tamén agárdase para finais de ano.
Pero os móbiles con Android de Dell non paran aquÃ, e a compañÃa tamén prepara
o Dell Flash e o Dell
Smoke, destacando este último por ter unha pantalla de só 2,8
polgadas para facer sitio para un teclado QWERTY fÃsico, procesador a 800 MHz,
cámara de 5 MpÃxeles, Bluetooth 2.1, Wi-Fi, lector de tarxetas microSD de ata
32 Gb e micrófono para cancelación de ruÃdo.
O Dell
Flash, pola súa banda é un terminal máis tradicional, cunha pantalla
de 3,5 polgadas, cámara de 5 MpÃxeles con enfoque automático, estabilización de
imaxe e detección de sorrisos e pestanexos, 512 Mb de RAM e ROM, lector de
tarxetas microSD de ata 64 Gb, Wi-Fi, saÃda de televisión, procesador a 800 MHz
e Bluetooth 3.0, prestacións que deixan claro que non un terminal para o
presente ano, senón que sairÃa en 2011, cun elegante deseño e un grosor de só
11 milÃmetros.
- O Dell Looking Glass será un MID con pantalla de 5 polgadas e procesador Tegra 2
Dada a antelación destas
filtracións, os móbiles aÃnda poderÃan cambiar bastante en prestacións, en boa
medida pola posibilidade de que o mes que vén presenten o Android 2.2, pero a
cousa non queda só en teléfonos móbiles, senón que Dell tamén prepara un par de
MID, aÃnda que os promocionan coma tablets
aproveitando a popularidade do iPad.
O Dell
Streak sairá en setembro supostamente con Android 2.1, e converterÃa
en realidade o rumoreado
terminal con pantalla de 5 polgadas coñecido coma Dell Mini 5,
mentres que en novembro veremos o lanzamento do Dell
Looking Glass coma un tablet
máis ambicioso que, aparte de Android 2.1, contarÃa cun procesador Tegra 2,
sintonizador de TDT opcional, 4 Gb de RAM e 4 Gb de almacenamento interno,
lector de tarxetas SDHC de ata 32 Gb e cámara de 1,3 MpÃxeles, polo que estariamos
simplemente nunha versión máis potente do Streak.