Filtran imaxes dunha BlackBerry con pantalla táctil
luns, 14 de xullo do 2008
Nun momento no que o iPhone
3G está de máxima actualidade e as comparacións con outros terminais de telefonÃa móbil coma os BlackBerry
(co seu teclado fÃsico) son inevitables, polo que o último produto de RIM
resulta sorprendente, pois se filtraron á Rede imaxes
da futura BlackBerry Thunder, que carece do
tradicional teclado fÃsico QWERTY, para empregar unha grande pantalla táctil
cun teclado virtual coma interface de entrada de texto.
A interface da BlackBerry Thunder tamén sorprende porque o teclado virtual é
diferente en posición vertical ou horizontal, de xeito que en horizontal é coma
o dun iPhone, mentres que en vertical parece máis o teclado fÃsico dunha
BlackBerry.
Pese ás semellanzas deste futuro móbil co iPhone hai que destacar que o sistema
operativo que inclúe continúa a ser o tradicional das BlackBerry, estando máis
baseado na produtividade que na multimedia, polo que a distancia entre ambos
terminais continuarÃa a ser notable.

