Final Cut Pro X estrea actualización e versión de demostración
xoves, 22 de setembro do 2011
Atendendo ás
moitas queixas de usuarios profesionais ante o produto Final Cut Pro X, Apple vén de publicar a
primeira actualización da aplicación dende o seu lanzamento en xuño, que
incorpora melloras substanciais como o soporte de Xsan e XML enriquecido, o que
facilita os fluxos de traballo para múltiples usuarios e a interacción con
outras solucións de terceiros. A aplicación tamén incorpora a posibilidade de
funcionar a pantalla completa baixo Mac OS X Lion, facilita engadir transicións
entre clips cconectados (sen ter que facelo de xeito manual), aproveita a
aceleración gráfica na exportación de vÃdeos e estrea un SDK de importación
para facilitar o uso de máis cámaras para trasladar os contidos gravados dende
as mesmas ao sistema de edición de Final Cut Pro X.
Pero posiblemente a maior novidade con respecto ao Final Cut Pro X é a
posibilidade de contar cunha versión
de demostración da aplicación, de xeito que os profesionais que estean a
pensar en dar o salto dende versións anteriores poderán achegarse sen medo ao
que ofrece esta reinvención da aplicación para ver se pode cubrir as súas
necesidades.