Fitbit presenta a pulseira de actividade con pulsÃmetro máis fina do mercado
luns, 6 de marzo do 2017
Mentres
os smartwatches non rematan de callar no mercado, as pulseiras de actividade
continúan a avanzar, e unha das marcas de referencia no sector, Fitbit, anuncia
unha pulseira que promete converterse en todo un éxito, a Fitbit Alta HR, que presume de ser
a máis fina do mercado con ritmo cardÃaco continuo, á vez que tamén busca unha
estética discreta, elegante e personalizable para que o seu uso non se limite á
práctica deportiva e poida vestirse todo o dÃa e incluso vixiar a calidade do
sono, xa que a súa baterÃa dura até 7 dÃas.
A nova pulseira conta con funcións básicas como podómetro, contador de consumo
de calorÃas, distancia e ritmo cardÃaco, recoñecemento automático de exercicio
fÃsico SmartTrack, sistema de alertas (de chamadas, mensaxes de texto e
calendario) e pantalla táctil OLED, contando como un dos seus grandes sinais de
identidade a posibilidade de mercarse en varias cores e poder mudar as súas
correas para adaptar o seu estilo a distintas ocasións, de xeito que podemos complementala
con correas plásticas de distintas como de elegantes pulseiras metálicas de
aceiro inoxidable.
A incorporación de monitorización cardÃaca supón unha importante mellora para
este tipo de pulseiras, xa que permite optimizar os adestramentos regulando a
súa intensidade e incluso coñecer a velocidade do pulso en repouso (o que axuda
a coñecer mellor o estado de forma), ao que se sumamos a o control das fase de
sono convértese nunha interesante ferramenta para os que queren vixiar a súa
condición fÃsica. O acceso aos datos rexistrados pola pulseira poder realizarse
de xeito doado a través de aplicacións oficiais de balde para iOS, Android e
Windows.
A Fitbit Alta HR estándar está dispoñible en 4 cores distintas por 149,95
euros, existindo tamén un par de edicións especiais en negro/gris chumbo e rosa
claro/ouro rosa que custan 169,95 euros. ConfÃase en que os pedidos realizados
hoxe do modelo normal poida atenderse en menos dunha semana, mentres que as
edicións especiais poden tardar entre 3 e 5 semanas en recibirse por parte dos
consumidores que as reserven.
Os accesorios desta pulseira tamén teñen prezos moi dispares, que van dende os
29,95 euros dunha correa plástica até os 299,95 euros dunha pulseira de aceiro
Public School Axis (con aparencia de reloxo de pulso de aceiro) pasando polos
89,95 euros dunha pulseira metálica que fai pasar o monitor de actividade por
un complemento de moda.
- A Fitbit Alta HR contará con edicións especiais que terán un prezo de 169,95 euros
- A Fitbit Alta HR pode facerse pasar por unha elegante pulseira feminina grazas a accesorios opcionais
VÃdeo promocional da pulseira Fitbit Alta HR