FlipSYNC, un chaveiro para cargar e sincronizar o móbil

martes, 30 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Conectar o móbil ao PC para a súa sincronización ou carga precisa habitualmente dun cable que non sempre levamos enriba, de aí que Scosche incorpore ao seu catálogo o cable flipSYNC en versión para o iPhone/iPod Touch ou para móbiles con conectividade micro-USB ou mini-USB, que venden por 19,99 dólares (14,84 euros) e cando non están en uso poden recollerse nunha forma de chaveiro que facilita a o seu transporte, de xeito que será moito máis doado ter cómo cargar o móbil alí onde haxa unha toma USB libre.
O flipSYNC é compatible con conexións USB 2.0 e aínda que xa pode encargarse, aínda non está nas tendas (agárdase a súa chegada en primavera).

PUBLICIDADE