FreedomPop eliminará o seu plan de balde
mércores, 21 de marzo do 2018
En
2016 chegou a España FreedomPop, un operador móbil virtual que ofrecÃa
chamadas de balde no seu plan máis básico, para o que inicialmente empregaba
VoIP, aÃnda que un ano despois evolucionou
para ofrecer chamadas de voz tradicionais, o que non foi dabondo para que
esta atractiva oferta de telefonÃa móbil de balde trunfase no noso territorio,
de aà que resultase inevitable o cambio nas condicións do servizo, abandonando
definitivamente o modelo freemium e incrementando
de paso as súas tarifas.
Ao parecer, estes dÃas algúns usuarios de FreedomPop xa están a recibir
comunicacións por correo electrónico indicándolles os cambios no servizo, que
supón que no mes de maio desaparecerá o plan de balde, que ofrecÃa 100 minutos
en chamadas, 200 MB de datos e 300 mensaxes de texto por 0 euros/mes, pasando o
relevo a un plan Esencial que coas
mesmas condicións custará 2,99 euros/mes, dicindo adeus ao principal reclamo de
FreedomPop.
O resto de tarifas de FreedomPop tamén experimentarán cambios e, por exemplo, o
plan 2GB Premium, con chamadas e mensaxes sen lÃmite e 2 GB de datos pasará de 8,99
euros/mes a 10,99 euros/mes.
O sorprendente deste futuro cambio de tarifas é que aÃnda hoxe FreedomPop está
a promocionarse como unha compañÃa de «telefonÃa móbil e 100% gratis (..) Sen contratos.
Sen trucos. Sen complicacións. E para sempre!», o que poderÃa traer problemas á
compañÃa cos clientes actuais, xa que estariamos ante un claro caso de
publicidade enganosa.
