Fujitsu comercializa en Corea do Sur un portátil de tamaño reducido

xoves, 19 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Os ordenadores portátiles cada día presentan máis prestacións en pantallas de maior tamaño, polo que están a perder pouco a pouco a súa portabilidade, polo que os usuarios que queiran transportalos comodamente deben buscar alternativas coma o Fujitsu P1610, que destaca polo seu tamaño reducido e a súa pantalla de 8,9 polgadas na que consigue una resolución de 1.280 x 768 píxeles.
O portátil de Fujitsu ten un procesador Intel Core Solo U1400 a 1,2 GHZ, 1 Gb de RAM, disco duro de 80 Gb, lector de pegadas dixitais, lector de tarxetas SD, USB 2.0, 3G integrado, Bluetooth, Wi-Fi e unha autonomía de 4,5 horas.
Este impresionante portátil comezará a venderse en Corea do Sur a uns 2.390.000 wons (uns 1.637 euros) e podería ser toda unha ameaza para os UMPC que pretenden emerxer con forza durante os vindeiros meses.

PUBLICIDADE