Funda para protexer o iPhone 3G/3GS da auga

luns, 10 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Coa chegada do verán moitos usuarios temen pola integridade dos seus trebellos electrónicos nos seus usos de lecer, especialmente preto de praias e piscinas, de aí que Sanwa comezase a vender no Xapón por 3.280 iens (24,75 euros) unha funda para o iPhone 3G e o iPhone 3GS que protexe non só de salpicaduras, senón tamén de caídas na auga, conservando a funcionalidade da pantalla táctil do terminal e contando coa posibilidade de utilizar auriculares resistentes á auga.
Con este accesorio poderemos tirar fotografías co iPhone na piscina ou na praia sen temer polo móbil, pois moitos xa viron cómo é preciso ter moita sorte para que o móbil saia indemne tras este tipo de accidente, como podía verse nun popular vídeo de YouTube que superou as 600 mil reproducións en pouco máis dun mes:

PUBLICIDADE