Galicia Business School achega un programa formativo para converternos en expertos en IA

martes, 31 de marzo do 2026 S. P.

O centro de capacitación avanzada Galicia Business School presentou estes días unha actividade formativa que nos mostra todo o que precisamos sobre as ferramentas de IA, amosándonos como aplicalas no noso día para aforrar tempo, mellorar procesos e tomar as máis axeitadas decisións.
Trátase do Programa Experto en IA para a Empresa, unha formación do centro coruñés deseñada para que profesionais e directivos aprendan a aplicar a intelixencia artificial de forma práctica no seu día a día, con usos reais e sen necesidade de coñecementos técnicos previos.
Ao longo do programa as persoas participantes poderán coñecer ferramentas e aprenderán a integralas no teu traballo: desde xerar contidos ou analizar información, ata automatizar tarefas ou detectar oportunidades de mellora en distintas áreas do negocio.
En concreto, traballarán con ferramentas como ChatGPT, Gemini, Copilot, Make ou Power BI, aplicándoas en ámbitos como a mercadotecnia, as vendas, os recursos humanos, as finanzas ou as operacións.
Este programa está dirixido a profesionais, responsables de área, directivos e emprendedores que queren incorporar a intelixencia artificial de forma real no seu traballo, mellorar a súa produtividade e non quedarse atrás nunha contorna que xa está a cambiar.
Achegarase en modalidade presencial dixital (en liña, en directo e en clave participativa) e terá 54 horas de duración. O obxectivo é permitir ás persoas participantes compatibilizala coa actividade profesional. Ademais, co obxectivo de fomentar o networking entre os participantes, poderán acudir á primeira e á última sesión en persoa, nunha das sedes da escola de negocios en Vigo ou Santiago de Compostela, grazas á súa solución de formación híbrida.
O temario inclúe o seguinte: introdución á intelixencia artificial e o seu impacto na empresa, IA para produtividade, creación de contidos e procura de información, prompting e uso eficaz de ferramentas de intelixencia artificial, IA aplicada á creación de contidos visuais e audiovisuais, IA para a análise de datos e a xeración de informes, automatización de procesos con ferramentas de IA e aplicación da IA nas áreas funcionais da empresa.