Galicia desenvolverá 17 proxectos da 5G
martes, 10 de setembro do 2019
Hoxe presentouse en Vigo o proxecto Piloto 5G en Galicia,
impulsado polo Ministerio de EconomÃa e Empresa a través de Red.es. Trátase dun
dos dous proxectos piloto de tecnoloxÃa 5G que o Goberno promoveu para o desenvolvemento
desta tecnoloxÃa no noso paÃs mediante unha convocatoria pública de axudas que
conta co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a
cargo do Programa Operativo
Plurirregional de España (POPE).
O piloto que se desenvolverá en Galicia terá unha duración
de 24 meses e un orzamento de máis de 11 millóns de euros, para o que se
solicitou unha axuda de máis de 4 millóns que será cofinanciada por Red.es con
cargo ao FEDER.
O acto de presentación do proxecto tivo lugar en Vigo, no
Museo de Arte Contemporánea, e foi presidido pola ministra de EconomÃa e
Empresa (en funcións), Nadia Calviño. Na presentación tamén participaron o
presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Vigo, Abel
Caballero; o secretario de Estado para o Avance Dixital (en funcións),
Francisco Polo, e a conselleira delegada de Telefónica España, MarÃa Jesús Almazor, entre outras autoridades.
Ademais da apertura institucional, o acto contou coa
celebración dunha mesa redonda moderada polo director xeral de
Telecomunicacións e TecnoloxÃas da Información, Roberto Sánchez, acompañado
polo director xeral de Red.es, David Cierco Jiménez de Parga; o director de Operacións, Rede e TI de
Telefónica España, JoaquÃn Mata, e a xerente de Innovación de Telefónica
España, Mercedes Fernández.
O piloto da 5G en Galicia, que xa se atopa na primeira fase
de desenvolvemento, inclúe oito casos de uso que se van a desenvolver nesta
comunidade autónoma a cargo da Unión Temporal de Empresas composta por
Telefónica, Ericsson, Nokia, Cinfo, Idronia, Telnet Redes
Intelixentes e Centro Internacional de OftalmoloxÃa Avanzada Fernández-Vigo.
O proxectos piloto
En concreto, os casos que se implantarán en Galicia son:
– Asistencia á
condución no túnel de O Cereixal (Lugo) para probar novos servizos que
mellorarán a seguridade dos vehÃculos polo túnel (aviso de condicións
meteorolóxicas á saÃda ou anomalÃas no interior, entre outros)
– Servizo de Movistar
Fusión sobre acceso fixo radio 5G (en Vigo) como solución alternativa á fibra
en contornas urbanas e rurais.
– Supervisión da
infraestrutura ferroviaria con Adif
e Ineco (en Ourense) utilizando drons
con cámaras que recollen imaxes das vÃas para facilitar a súa inspección e
mantemento.
– Industria 4.0,
enmarcada no plan de dixitalización de Navantia Estaleiro 4.0, para asistencia
técnica remota ás máquinas en produción con realidade aumentada e modelos 3D;
visualización de pezas no escenario real para identificar posibles incidencias
e streaming 3D en tempo real para
validar con exactitude os bloques construÃdos do barco.
– Produción de
eventos deportivos co Deportivo da Coruña e a solución TV5G no estadio de
Riazor e na cidade deportiva de Abegondo (A Coruña) para dar cobertura á retransmisión
profesional e ao usuario vÃa 5G.
– Exploración e
diagnóstico oftalmolóxico remoto en tempo real mediante a captura de imaxes en
alta resolución en colaboración co centro Internacional de OftalmoloxÃa
Avanzada do Dr. Fernández-Vigo en Vigo.
En todos eles vaise a despregar rede 5G e a experimentar e
innovar sobre as capacidades desta tecnoloxÃa, en concreto o seu gran ancho de
banda e baixa latencia; a arquitectura
de rede NSA (non standalone) e SA
(standalone); network slicing ( segmentado de rede); edge computing (computación no bordo
da rede) e tecnoloxÃa de antenas activas. Grazas a estes casos de uso os
cidadáns galegos poderán experimentar na súa vida diaria as grandes
posibilidades que ofrece esta tecnoloxÃa.
Ademais da UTE, participan como axentes colaboradores do
proxecto, Huawei, INECO, Colexio Oficial de Enxeñeiros de
Telecomunicación, Grupo PSA, a Universidade de Vigo, Gradiant e CTAG. Asà mesmo
cóntase como clientes dos casos de uso co ministerio de Fomento, Navantia,
ADIF, RC Deportivo da Coruña, Movistar e
ClÃnica Cadarso, xunto co apoio institucional da Xunta de Galicia, as
deputacións provinciais da Coruña, Lugo e Ourense e, na provincia de
Pontevedra, o Concello de Vigo.
Co desenvolvemento destes dous proxectos piloto, o de
Galicia e o que se vai a desenvolver en AndalucÃa, o Goberno busca promover
unha demanda temperá que facilite experimentar coas diferentes potencialidades
da 5G e promova o desenvolvemento de ecosistemas entre operadores, provedores
de tecnoloxÃa e solucións e resto de axentes implicados.
Compromiso da Xunta co ecosistema 5G galego
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo,
avanzou hoxe que Galicia
desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados
da 5G en eidos como a sanidade, a loita contra incendios, a industria, o
vehÃculo conectado, o turismo ou a educación.
Durante o acto esta mañá de presentación do Piloto 5G,
déronse a coñecer os 8 novos proxectos que terán efectos en ámbitos tan
relevantes como a asistencia técnica remota ás máquinas do sector naval ou a
exploración e diagnóstico oftalmolóxico, e que se suman ás outras 9 iniciativas
nas que xa están a traballar os principais operadores adheridos ao Nodo 5G do
plan da Xunta.
«En total desenvolveranse 17 proxectos en Galicia de uso en
ámbitos de especial interese para a nosa comunidade», abundou, incidindo en
que, despois de que en xuño, Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades en
contar con redes 5G de España, Galicia é hoxe, xunto con AndalucÃa, unha das
dúas comunidades que acollerán o desenvolvemento dos primeiros pilotos 5G subvencionados
por Red.es.
«Todas estas decisións que implican a operadores e
administracións públicas non son fortuÃtas, senón que responden ao interese de
Galicia e as súas administracións por esta nova tecnoloxÃa e ao traballo
desenvolvido para situarnos como territorio preferente para acollela», afirmou,
facendo fincapé en que non é casual que a comunidade fose a única que presentou
a esta convocatoria candidaturas dos tres principais operadores, sendo o de
Telefónica o finalmente seleccionado.
Conscientes de que tecnoloxÃas emerxentes como a 5G
permitirán desenvolver novos modelos de negocio e consolidar a especialización
tecnolóxica da Comunidade, Feijóo incidiu en que Galicia aspira a ser unha das
primeiras rexións europeas en dispor dos servicios avanzados da 5G, que
permitirán mellorar aspectos como a calidade dos servizos públicos, incrementar
a competitividade das empresas e favorecer o desenvolvemento de cidades
intelixentes e vehÃculos conectados.
Con este obxectivo, subliñou que Galicia foi a primeira
comunidade que aprobou un plan para facilitar a extensión desta tecnoloxÃa: o
Plan Galicia 5G. Unha folla de ruta que traballa xa para facilitar aos
municipios un modelo de ordenanza tipo que axilice os despregues e,
posteriormente, elaborar un catálogo de solucións técnicas para a extensión da
5G en núcleos históricos e contornas protexidas.
Asà mesmo, e para consolidar o ecosistema 5G galego, Feijóo
confirmou que esta mesma semana empeza o primeiro curso de especialista en
tecnoloxÃas de quinta xeración, con 200 horas lectivas e a participación de
expertos do mundo empresarial.
Feijóo concluÃu lembrando que a aposta da Administración
autonómica polas infraestruturas capaces de mellorar a nosa conectividade, fai
posible que Galicia sexa a terceira comunidade con mellor cobertura 4G; e que o
98% da poboación teña acceso a internet a través de redes fixas e sen fÃos.