Galicia encara o novo curso escolar reformulando a educación dixital
luns, 25 de agosto do 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román RodrÃguez, presentou esta mañá as principais cifras e novidades do curso escolar 2025/2026, que dará comezo o 8 de setembro, dentro de dúas semanas, tras meses de preparación.
RodrÃguez, acompañado polo seu equipo, subliñou que Galicia seguirá avanzando na modernización do ensino cun segundo paso no proceso iniciado o ano pasado. Este proceso está a permitir mellores ratios nas aulas, máis profesorado e recursos, asà como a renovación de varios programas pedagóxicos. Todo isto nun contexto marcado pola caÃda da natalidade: este curso haberá 302.843 alumnos, 4.255 menos que o anterior e case 20.000 menos que hai unha década en todas as etapas desde Infantil ata Bacharelato.
A maior baixada rexÃstrase en Primaria (2.411 alumnos menos), seguida da ESO (1.284) e Infantil (1.019). Pola contra, o Bacharelato medra con 459 estudantes máis e en Educación Especial non hai variacións.
«Abrimos o primeiro curso do segundo cuarto do século XXI, un momento de cambio no que debemos responder a novos retos e necesidades para que o ensino siga preparando ás persoas de acordo ás esixencias do tempo que vivimos –reflexionou o conselleiro–. Por iso, cómpre xestionar o presente e preparar o futuro para sentar as bases da educación das vindeiras décadas». RodrÃguez lembrou o compromiso da Xunta «cun proceso de mellora progresiva, curso a curso, que responda aos novos desafÃos, con cambios estruturais de calado e unha permanente actualización dos proxectos».
Programas e novidades normativas
A ConsellerÃa prepara novidades en programas educativos. Durante o curso entrarán en vigor unha nova lei e tres decretos, xunto cos protocolos de actuación en situacións meteorolóxicas adversas ou emerxencias.
Especial relevancia terá a Lei de educación dixital, en tramitación, que regulará «con sentidiño» os dereitos e deberes da comunidade educativa neste ámbito. O obxectivo é consolidar un modelo hÃbrido «que combine as aprendizaxes tradicionais a través de métodos máis analóxicos coas novas tecnoloxÃas imprescindibles na sociedade actual».
Tamén se renovará o programa E-Dixgal, incrementando o uso de libros en papel, e reforzarase a lectura na aula cun tempo mÃnimo diario. Ademais, iniciarase o despregue de EdugalIA, proxecto de intelixencia artificial para mellorar a xestión interna da ConsellerÃa e dos centros e combater o abandono escolar. Esta iniciativa logrou captar 9,9 millóns de euros de fondos europeos, converténdose na máis destacada de España no uso da IA aplicada á educación.
