Galicia mostra ao ministro para a Transformación Dixital as capacidades do CESGA
xoves, 9 de abril do 2026
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román RodrÃguez, recibiu na mañá deste xoves 9 de abril ao ministro para a Transformación Dixital e a Función Pública, Óscar López, no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), na súa sede do Campus Sur de Santiago.
O percorrido, no que tamén participaron a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e o vicepresidente de Investigación CientÃfica e Técnica do CSIC, José MarÃa Martell, serviu para amosar ao representante estatal as capacidades da Comunidade galega no eido da I+G+i, a ciencia e a innovación feitas en Galicia, neste caso en eidos como a computación de altas prestacións, a intelixencia artificial e as tecnoloxÃas cuánticas, nos que aspira a converterse nun centro de referencia a nivel internacional.
Entre os proxectos que lle presentaron, cuxa explicación correu a cargo do director cientÃfico do CESGA, Lois Orosa, destaca a contribución do centro á predición meteorolóxica galega, á previsión oceánica europea ou á realización de análises xenómicas para o Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
No eido das tecnoloxÃas cuánticas, puxéronse en valor as infraestruturas coas que conta o centro, como o computador cuántico Qmio, con 32 Qbits (o primeiro de España nunha institución pública) e o novo computador, recentemente adquirido de 45Qbits, asà como a posta en marcha da liña de comunicacións cuánticas máis extensa de España.
Asà mesmo, informouse da ampliación de infraestruturas do centro, e que inclúen un centro de datos, o novo supercomputador Finisterrae IV e o citado computador cuántico, todos estes recursos avanzados co-financiados con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia a través do PERTE Chip.
