Galiciencia abre os prazos para que estudantes de toda España presenten os seus proxectos
luns, 22 de xaneiro do 2024
Galiciencia, a maior feira cientÃfica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) desde o ano 2006, abriu este luns 22 de xaneiro o prazo para que os centros interesados se inscriban e vaian presentando os seus proxectos; poderán facelo ata o vindeiro 18 de marzo a través da web da feira. O obxectivo da nova edición e é novamente achegar o universo STEM (Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñarÃa e Matemática) á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato.
Desenvólvese en colaboración coa ConsellerÃa de EconomÃa, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la TecnologÃa – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Esta 19ª convocatoria celebrarase os dÃas 8, 9 e 10 de maio, en formato presencial e tamén en liña. A temática elixida é Mellor, de Madeira, un material que o Parque quere promover de xeito particular, en liña cos seus obxectivos de desenvolvemento sustentábel. AsÃ, na feira porase de relevo a importancia da madeira como material respectuoso co medio, con múltiples beneficios para o noso planeta por ser un produto renovábel, biodegradábel e cunha ampla variedade de aplicacións en eidos diversos como a construción e a fabricación.
Na modalidade presencial poden presentarse dous proxectos por centro educativo de Secundaria, Bacharelato e FP; que serán os que finalmente compitan polos premios de Galiciencia. No caso da modalidade online non hai lÃmite de proxectos.
O primeiro premio está dotado con 1.000 euros, para financiar a participación na maior feira cientÃfica a nivel estatal, Exporecerca, que se celebra anualmente en Barcelona. O segundo equipo clasificado recibirá 500 €, o que lles permitirá asistir a Zientzia Azoka, a feira de ciencia que ten lugar cada ano en Bilbao. Pola súa parte, o equipo gañador do terceiro premio recibirá 200 € para a compra de material cientÃfico e/ou tecnolóxico para o seu centro escolar.
Asà mesmo, premiarase a mellor comunicación e presentación oral, o proxecto máis innovador, o proxecto co método cientÃfico e proceso de investigación mellor definido, o mellor proxecto englobado dentro da temática Mellor, de Madeira, asà como o proxecto liderado por unha nena e/ou relacionado con iniciativas que contribúan á igualdade de xénero no contorno da I+D+i. Haberá tamén un premio especial para a mellor proposta na categorÃa de FP. E galardoarase o proxecto coa mellor valoración popular, elixido entre todos os que participen en liña.
Ademais do concurso de proxectos, como en cada edición, a feira compleméntase con actividades, obradoiros, concursos diversos e espectáculos de ciencia.
Concurso de deseño da camiseta oficial
Ademais, o alumnado de Primaria de toda Galicia poderá participar no concurso de deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2024. O prazo estará aberto tamén ata o 18 de marzo. O alumnado interesado deberán enviar un correo electrónico cos seus deseños escaneados ao enderezo galiciencia@tecnopole.gal ou presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia.
Tamén haberá un concurso de fotografÃa a través de Instagram. Neste caso o prazo para presentarse remata o 15 de abril e dirÃxese tanto ao alumnado como ao profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España.
DesafÃo cientÃfico Mellor de Madeira!
O alumnado desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia poderá participar no DesafÃo CientÃfico Mellor, de Madeira! Consta dunha primeira fase online con tres retos. Para participar no primeiro reto será preciso inscribirse ata o 19 de febreiro a través da páxina web atrevete.galiciencia.com. Para chegar á fase final, que será presencial durante a celebración de Galiciencia, será imprescindÃbel ter participado nos tres retos en liña.