Galiciencia celebra un concurso de fotografÃa en Instagram
luns, 12 de abril do 2021
Galiciencia,
a maior feira cientÃfica galega, celebra a súa 16° edición do 26
ao 28 de maio. De novo, será online
por mor da COVID - 19. Este
ano, a feira contará cun concurso de fotografÃa, que xa ten aberto
o prazo por medio de Instagram. Nel poderá participar o alumnado
e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España. O
concurso xira en torno a innovación postCOVID
a través da revolución do talento. Polo tanto, as fotografÃas
deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna
relacionados con este tema.
O
número máximo de fotos que se poden presentar por persoa é de 3.
Estas poden realizarse en branco e negro ou en cor. É fundamental
que os participantes sexan os autores das mesmas.
As
personas interesadas en participar, precisan subir as fotografÃas a
Instagram etiquetando a Galiciencia co cancelo
#concursogalicienciaonline2021. Os participantes deberán sinalar o
centro educativo ao que pertencen.
O
prazo de presentación das imaxes comeza hoxe, 12 de abril, e remata
o 28 de maio. A resolución do xurado farase pública o 4 de xuño e
o gañador recibirá un diploma e un obsequio.