Garmin renova o seu sistema de GPS para cans
mércores, 3 de xullo do 2013
O fabricante de navegadores GPS Garmin, tras conseguir
converterse nun dos lÃderes mundiais en reloxos deportivos, continúa a ampliar
a súa gama de produtos, e agora quere potenciar o uso
da tecnoloxÃa de localización por satélite con cans, para o que anuncia o DC 50, un novo e
mellorado colar con GPS, que resulta ideal para o
adestramento de cans soltos polo monte, coa tranquilidade que dá aos seus
donos o poder facer un seguimento do animal (e asà poder localizalo en caso de
que se perda).
Este colar incorpora GPS e GLONASS (conseguindo unha localización máis rápida e
precisa), está construÃdo con materiais de alta resistencia para evitar que o
propio can os estrague, resisten a auga (ata 10 metros de profundidade) e a súa
autonomÃa pode chegar ás 26 horas con actualizacións cada 5 segundos ou ata 54
horas de actualizarse cada 2 minutos
(como medida de seguridade, o colar pasa a este último modo cando lle queda só
un 25% de carga, para facilitar a recuperación dun can perdido). Tamén integra
un detector de ladridos configurable para poder disparar alertas en certas
situacións.
O colar úsase de xeito continuo con sistemas de seguimento como o Astro
320, que permite localizar ata 10 cans á vez, indicando a distancia,
dirección e situación (sentado, correndo...) de cada animal. A súa pantalla
pode lerse baixo a luz do sol e tamén é posible cargarlle mapas topográficos ou
foto-realÃsticos para facer máis doado o seu uso.
VÃdeo de presentación da anterior xeración de GPS para cans de Garmin