Gemini poderá tomar o control de Chrome
mércores, 28 de xaneiro do 2026
Google inicia unha nova etapa na evolución de Chrome coa integración de Gemini no navegador para Windows, macOS e Chromebook Plus nos EE.UU. A compañÃa de Mountain View aposta por Gemini 3, o seu modelo de intelixencia artificial máis avanzado, para incorporar novas funcións orientadas a mellorar a produtividade, facilitar a multitarefa e ofrecer asistencia contextual durante a navegación web. O obxectivo é transformar Chrome nun asistente integrado capaz de axudar a atopar información e completar tarefas na web dun xeito máis rápido e eficiente.
A principal novidade é a incorporación dun panel lateral que permite usar Gemini en paralelo á navegación habitual, sen abandonar a lapela activa. Este asistente permanente pode empregarse para comparar información entre múltiples páxinas, resumir opinións de produtos ou axudar a organizar eventos en axendas especialmente complexas. Este enfoque busca reducir a fragmentación da navegación e manter o foco no traballo principal mentres Gemini resolve tarefas secundarias.
Chrome integra tamén as capacidades creativas de Nano Banana, que permiten modificar e transformar imaxes atopadas na web sen necesidade de descargalas nin abrir novas lapelas. A través dun prompt no panel lateral, os usuarios poden solicitar cambios visuais, obter ideas creativas ou converter datos en infografÃas. Esta funcionalidade está dispoñible para todos os usuarios de Gemini en Chrome.
Gemini en Chrome pode conectarse con servizos como Gmail, Calendar, YouTube, Maps, Google Shopping ou Google Flights, o que permite combinar información de distintas aplicacións para completar tarefas máis complexas. Por exemplo, pode localizar correos con detalles dun evento, cruzar esa información con opcións de voo e axudar a redactar unha mensaxe para informar da hora de chegada. Estas integracións poden activarse ou desactivarse desde a configuración de Gemini.
Google prevé incorporar nos vindeiros meses a función Personal Intelligence a Chrome. Esta capacidade permitirá que o navegador teña en conta o contexto de conversas anteriores para ofrecer respostas máis adaptadas ás necesidades e hábitos de cada usuario. Esta opción é voluntaria, permanecendo o control sobre as conexións con aplicacións e os datos utilizados sempre en mans do usuario.
Outra das novidades é auto browse, unha función que permite delegar no navegador web tarefas de varios pasos, indo máis alá do tradicional recheo automático. Chrome pode axudar, por exemplo, na planificación dunha viaxe, na busca de prezos de hoteis e voos en distintas datas ou na realización de trámites administrativos en liña.
Esta funcionalidade está a despregarse nos EE.UU. para usuarios con subscricións Google AI Pro e Google AI Ultra. Entre os usos previstos figuran a concertación de citas, a cobertura de formularios longos, a recompilación de documentación ou a xestión de subscricións. Grazas ás capacidades multimodais de Gemini 3, tamén pode identificar elementos nunha imaxe e buscar produtos relacionados na web. En determinados casos, e sempre co consentimento do usuario, pode empregar Google Password Manager para completar tarefas que requiren inicio de sesión.
VÃdeo promocional da futura integración de Gemini en Chrome
