Gigabyte presenta a gráfica GTX 1080 máis cativa do mercado
martes, 5 de setembro do 2017
As novas tarxetas gráficas capaz de mover gráficos con
elevado nivel de detalle e impresionantes resolucións, asà como mundos en
realidade virtual, son normalmente de elevado tamaño e consumo, de aà que
sorprenda especialmente a nova nVIDIA
GeForce GTX 1080 de Gigagyte, que chega en formato Mini ITX, o que non lle
impide integrar 8 GB de memoria GDDR5X e un ventilador de 90 milÃmetros.
Esta gráfica ten tamaño de só 16,9 centÃmetros, fronte aos 26,7 centÃmetros que
teñen normalmente as GeForce GTX 1080, o que permite a súa integración en
pequenos chasis (pensando principalmente no seu transporte) sen sacrificar
rendemento, para o que integra un sistema de disipación de calor feito a
medida. De feito, incluso esta gráfica ousa incorporar a posibilidade de facer overclocking con só un clic na
aplicación AORUS Graphics Engine, para que os xogadores máis intensivos poidan espremer
a tope a súa gráfica sen ter que ter coñecementos sobre overclocking.
Esta nova gráfica funciona nunha rañura PCI-E 3.0 x 16, conta con saÃdas
Dual-link DVI-D, HDMI e DisplayPort (3), soporta resolucións de até 7.680 x
4.320 pÃxeles e recoméndase que o equipo no que se instale teña unha fonte de
alimentación de 500 watts como mÃnimo.
Polo momento non se coñece o seu prezo de venda nin a data na que estará
dispoñible.