Google Expeditions xa está dispoñible en España
mércores, 21 de setembro do 2016
Na
última edición do Google I/O deixaron clara a aposta pola realidade virtual e
os sistemas inmersivos, sendo un dos eidos nos que consideraron de maior
interese a aplicación desta tecnoloxÃa o educativo, polo que propuxeron Google Expeditions, un novo
xeito de realizar viaxes virtuais valéndose do cartón de Google, e hoxe
presentan a aplicación de balde que xa está dispoñible
en Google Play e na App Store,
e que permite guiar a pequenos grupos de usuarios conectados localmente dende
un teléfono ou tableta.
A nova aplicación pode funcionar en modo guÃa ou modo explorador, de xeito que
o usuario que escolle ser guÃa elixirá os contidos que explorarán o resto de
usuarios que empreguen a aplicación conectados á mesma rede Wi-Fi. Os móbiles
ou tabletas poden servir como unha fiestra a un mundo envolvente que, de
contarmos cun visor como o cartón de Google, achega unha experiencia moi
inmersiva, na que os estudantes teñen a sensación de estar a viaxar en algunha
das máis de 200 expedicións que van incrementándose en número paulatinamente.
En España dende Google Arts & Culture desenvolveron expedicións co Museo
Nacional de Ciencias Naturais e tamén relativas a Cervantes, o que permite
organizar visitas virtuais nas que o guÃa pode ir explicando aos exploradores o
que están a ver, para o que conta con información de apoio na aplicación que
convértese asà nunha ferramenta educativa moi práctica. O mestre pode ir
seguindo os puntos de interese que indica a aplicación, guiando aos nenos nos
percorridos, podendo ir ao seu ritmo, facilitando asà que os nenos exploren
pola súa conta.
Un punto forte da aplicación é que, aÃnda que os contidos estean principalmente
en inglés, os textos están orientados ao guÃa, de xeito que o profesor poderá
iniciar moitas experiencias para os seus alumnos explicándolles o que están a
ver na lingua que estime oportuno (ou sexa, que o idioma só serÃa unha barreira
para o docente, non para o alumno).
