
O máis relevante desta ampliación da capa de tráfico é que está dispoñible tanto na versión web de Google Maps, como nas ferramentas de mapas e navegación para móbiles, polo que non só mellora a súa utilidade nas viaxes, senón que pode ser dunha inestimable axuda para os desprazamentos diarios, instando a evitar retencións de tráfico.
A información na capa de tráfico actualízase cada 5-10 minutos, polo que resulta de grande utilidade como ferramenta para o tempo real, pero tamén é posible consultar o estado do tráfico nun día e nunha hora determinada, de xeito que ao planificar unha viaxe pode axudarnos a chegar ao noso destino no menor tempo posible sen que teñamos que coñecer os típicos atascos provocados habitualmente en saídas de zonas comerciais ou de polígonos empresariais, xa que o sistema de mapas teraos en conta ao buscar a ruta máis rápida.
Por desgraza, a información da capa de tráfico en Galicia aínda é moi limitada, cinguíndose ás grandes vías de comunicación.
Google Maps incorpora información do estado do tráfico en España
Compartir Este Artigo
