Google Maps permitirá seguir os resultados das eleccións do 9-M

venres, 7 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Os mapas de Google permitirán achegar detalles por comunidade autónoma e municipio de máis de 50.000 habitantes

Pensando nos comicios electorais do vindeiro domingo, Google preparou un mapplet (mini-aplicación para Google Maps) que permitirá seguir os resultados das eleccións por comunidades autónomas e por concellos (de máis de 50.000 habitantes) a partir dos datos subsministrados polo Ministerio do Interior, que se actualizarán cada 10 ou 15 minutos.
A responsable de Marketing de Google Maps en España, Clara Rivera, asegura que «esta é un xeito rápido e sinxelo de coñecer, dun so vistazo, tódolos datos dende o teu ordenador e que permitirá indentificar, mediante cores, a maioría dos partidos políticos nas distintas comunidades autónomas».
Para consultar os datos hai que visitar Google Maps e pinchar sobre a pestana de Mis Mapas, onde aparece a aplicación coñecida coma Mapa Electoral detro da sección de Contido destacado.
Esta ferramenta tamén permite a consulta dos resultados de tódalas eleccións ó Congreso dende 1977.