Google News pechará en España o vindeiro martes
mércores, 10 de decembro do 2014
O pasado mes de outubro dende Google comentouse que, no caso
de entrar en vigor a nova reforma da Lei de Propiedade Intelectual en España, estudiarÃan a
posibilidade de pechar o servizo de Google Noticias, xa que dende Google
non consideran xustificado compensar economicamente aos medios de comunicación
por facer publicidade dos seus contidos a través dun servizo que non inclúe
publicidade, e do que os propios medios sempre foron os principais
beneficiados. Finalmente confÃrmanse as malas novas, e Richard Gingras,
director de Google News, foi o encargado de comunicar que o
vindeiro 16 de decembro (adiantándose á entrada en vigor da reforma da LPI o 1
de xaneiro) eliminarán aos editores españois de Google News e pecharán a versión
española do servizo, deixándonos asà sen unha ferramenta de grande
utilidade para seguir a actualidade, xa que a entrada en vigor da reforma
lexislativa o converterÃa nun servizo que non serÃa sustentable, por ter que
facer fronte a unha serie de taxas que non poderÃa sufragar ao carecer de
ingresos.
A mesma preocupación afectaba durante a redacción do texto aos responsables de
agregadores de novas como Menéame, e a outras plataformas, que temen que a nova
lexislación supoña unha pesada lousa para a innovación na Internet española,
por introducir un gravame que non existe en ningún outro paÃs do mundo e que
afecta a moitos máis compañÃas que o buscador de Mountain View.
Dende Google continúan a insistir en que o seu servizo de novas engadir valor
ás publicacións dos medios, canalizando tráfico ás súas respectivas páxinas web
e axudándoos a xerar ingresos por publicidade, o que souberon comprender
noutros paÃses, pero no caso español a situación dificilmente poderá arranxarse
sen un cambio lexislativo, xa que o grande problema da reforma da LPI é que
converte á compensación pola publicación de extractos de novas nun dereito irrenunciable, o que incluso
invalidarÃa as moi empregadas licenzas Creative Commons (levando a que medios
que si desexan aparecer no servizo de Google non poidan facelo por mor dunha
lexislación que atenta contra principios na Rede como a liberdade para
establecer ligazóns entre páxinas web).