Fotografía da renovación de imaxe da aplicación móbil de Google+Que a versión da aplicación móbil de Google+ para iPhone non estaba á altura da aplicación para dispositivos Android non é ningún misterio, pero agora sorprenden dende a compañía de Mountain View actualizando antes a súa aplicación móbil para iOS, cun lavado de cara total, no que a estética da aplicación renóvase para gañarse ao usuario con imaxes e vídeos que aproveitan o pequeno tamaño dos dispositivos móbiles, ocupando o máximo posible e aproveitando a interface táctil. A estética da aplicación tamén está máis coidada, con tipografías máis claras e elementos gráficos que facilitan a consulta de contidos, e fuxindo tamén da aparencia da web do servizo (diferenciándose claramente da súa interface con fondo branco). A aplicación continúa permitindo o acceso aos Hangouts de Google+ (que é un dos seus puntos fortes), carece de versión para iPad, e actualizarase para Android dentro dunhas poucas semanas (prometendo algunhas sorpresas adicionais).