Google inicia á venda en España das súas chaves de seguridade Titan

martes, 18 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Dende hai un par de anos Google defende o uso de chaves de seguridade físicas como un xeito de loitar contra o roubo de contas de usuario, e aínda que esta tecnoloxía está dispoñible a través de numerosos fabricantes, na tenda en liña de Google levaban bastante tempo vendendo a Titan Security Key, produto que vén de chegar a Austria, Canadá, Francia, Alemaña, Italia, Xapón, Suíza, Reino Unido e España a través de tenda de Google, facilitando así que poidamos facernos unha destas chaves físicas que poden adquirirse en varios formatos.
Por unha banda a chave de seguridade USB-C véndese a 45 euros, mentres que a chave de seguridade Titan ten un prezo de 55 euros. Estas chaves permiten tirar proveito da identificación de dous factores nas nosas contas de Google, de xeito que son unha boa defensa ante o roubo de identidade, e dado que conta con conectividade USB, Bluetooth e NFC poden empregarse nunha grande diversidade de equipos, facendo moi accesible unha tecnoloxía cun nivel de seguridade dificilmente superable, que ao poder adquirirse a través de Google pode conseguir un nivel de confianza que leve aos usuarios a dar o paso de apostar por sistemas de identificación tan seguros.

PUBLICIDADE