Google lanza fundas para móbiles para seareiros de Skrillex
xoves, 21 de maio do 2015
Atendendo
ao feito de que pasamos moito tempo cada dÃa co noso smartphone, converténdose
nunha extensión do noso estilo, dende Google decidiron que podÃan contribuÃr á personalización dos teléfonos a
través de fundas de edición limitada que formarán a nova colección Editions, e
que estrearase
con 3 deseños inspirados polo produtor musical Skrillex e a súa fascinación
polo espazo. Estas carcasas para o smartphone no só achegarán unha imaxe
diferente, senón que tamén abrirán o acceso exclusivo a contidos de Skrillex e
a un fondo de escritorio dinámico que estenderá o deseño da carcasa á pantalla
do terminal.
Esta aplicación de fondo de escritorio amosará durante o dÃa imaxes da Terra
tomadas dende a estratosfera, mentres que pola noite mudará a súa aparencia
para presentar as constelacións visibles dende a nosa posición actual. Para a
captura das imaxes da Terra, Google
e Skrillex lanzaron un globo satélite chamado Nanou (coma o can de
Skrillex) e, cando remate a súa misión fotográfica, un dos seareiros do artista
musical poderá facerse con este pequeno satélite autografado.
Os usuarios da Skrillex Live Case poderán acceder anticipadamente ao álbum OWSLA dende Google Play e recibirán
actualizacións sobre Skrillex no seu teléfono. Tamén terán un atallo na Live
Case para acceder ao fluxo musical de Skrillex en YouTube, aÃnda que tal botón
pode personalizarse para abrir a nosa aplicación favorita, iniciar a cámara ou
visitar a páxina web de Skryllex.
As fundas de Skrillex véndense en
exclusiva a través da Google Store (aÃnda que polo momento non están
dispoñibles dende España) e contan con versións para o Nexus 5, o Nexus 6 e os
Samsung Galaxy S5, S6 e Note 4. Están feitas de policarbonato Lexan EXL-1414,
pesan entre 15 e 27 gramos (en función do tamaño do teléfono) e comunÃcanse co
terminal a través de NFC (que é o que facilita o desbloqueo dos contidos
exclusivos, o que pode lembrar, por exemplo, ás figuras amiibo de Nintendo). O
seu prezo de venda nos EE.UU. é de 40 dólares (35,98 euros).
- As fundas de Skrillex están dispoñibles en 3 modelos distintos
VÃdeo no que se presenta esta nova proposta de Google