Google merca GrandCentral
martes, 3 de xullo do 2007
GrandCentral Communication, unha
nova empresa que permitía ós usuarios xestionar os seus teléfonos e caixas de
voz dende a web como se fosen unha única conta, vén
de ser adquirida por Google, de xeito que as vistas de todo o mundo se
dirixen a este pequeno negocio que permite ter “un número telefónico vitalicio” que reenvía as chamadas entrantes a
tódolos teléfonos do usuario (de xeito que permanece localizado
independentemente de si está na casa, no traballo ou na rúa).
Trala adquisición, os usuarios actuais de GrandCentral (actualmente só nos
EE.UU.) conservarán os seu servizos de xeito ininterrompido. A operación de
compra indicaría un interese por parte de Google en entrar no negocio das
chamadas de voz vía web, que poderían popularizarse nos vindeiros meses e xerar
un mercado moi importante.
