Google poderÃa ter cesado o desenvolvemento do seu coche autónomo
martes, 13 de decembro do 2016
Durante varios anos rumoreouse que Apple tiña un
grande proxecto de desenvolvemento dun coche autónomo de seu, pero nos
últimos meses deuse conta de como o persoal involucrado Ãa cesando a súa
relación con Apple e concluÃuse que a compañÃa da mazá entendeu que a
fabricación de vehÃculos non lles compensaba e, ao parecer, centrarÃa os seus
esforzos no software que poderán integrar os coches no futuro, polo que agora
resulta bastante rechamante escoitar voces que apuntan a que Google vai seguir
o mesmo camiño.
O Google
Self-Driving Car Project é unha iniciativa moi visible, de aà que sorprenda
que dende
The Information aseguren que Alphabet decidiu pisar o freo do seu proxecto e
reorientalo, de xeito que en vez de traballar de vehÃculos propios,
estarÃan a pechar acordos con fabricantes para comezar a integrar as súas
innovacións en vehÃculos con condutor, de xeito que as ambicións orixinais
tomarÃan un cariz máis realista.
Ao parecer, os coches sen volante aÃnda non resultan prácticos, polo que o
esforzo no seu desenvolvemento non pagarÃa a pena, e ser pioneiro antes de
tempo non resultarÃa convinte, polo que espérase que en breve Google anuncie
como o proxecto de automóbiles de Google abandone a división Google X e pase a
ser unha compañÃa ordinaria baixo o
paraugas de Alphabet, con obxectivos realistas e produtos como unha
minicaravana que poderÃa producir Fiat Chrysler e, de trunfar nas probas,
poderÃa chegar a empregarse comercialmente.
ACTUALIZACIÓN: Os
rumores sobre os coches autónomos de Google veñen de ser confirmados, xa que
finalmente anunciouse o abandono do proxecto de Google X para converterse nunha compañÃa
de seu, Waymo. Polo momento dende Waymo
non falan de fabricación de vehÃculos (de feito, o director xeral da nova
compañÃa, John Krafcik, insiste
en non ter interese na produción de coches autónomos), senón de tecnoloxÃa
de condución autónoma e as súas posibles aplicacións a numerosos ámbitos como
as viaxes compartidas, o transporte, a loxÃstica ou os vehÃculos persoais.