Google prepara unha solución de impresión baseada na nube
venres, 16 de abril do 2010
Dende Google
están a continuar a súa labor de desenvolvemento do Chrome OS, sistema
operativo para equipos de baixas prestacións que estará orientado á web, o que
suporá, entre outras cousas, a superación dun importante atranco, coma é a
xestión da impresión, o que levou á compañÃa a pensar nunha solución que basee
o uso de impresoras na nube, de xeito
que non só poderÃa imprimirse dende ultraportátiles, senón que tamén serÃa
posible facer o propio dende teléfonos móbiles e moitos outros trebellos, xa
que aplicacións web coma Gmail ou Google Docs ou pequenas aplicacións móbiles
non terÃan que xestionar o proceso de impresión, senón que limitarÃanse a
remitir peticións a unha API de Google
Cloud Print.
Esta solución serÃa moi atractiva, aÃnda que quedará por ver a compatibilidade
que acadará coas impresoras que hai actualmente no mercado ou se dará lugar a
unha nova xeración de impresoras conectadas.
