Google presenta encerados dixitais orientados á colaboración
mércores, 24 de maio do 2017
Nos
últimos anos foron moitas as propostas dirixidas a substituÃr aos encerados
tradicionais, que van dende proxectores de vÃdeo até pantallas táctiles, e
nesta liña temos agora a Google ultimando
o lanzamento de Jamboard, un encerado dixital baseado na nube, buscando o
traballo en equipo de xeito sincronizado e que xa pode encargarse nos EE.UU. a un
prezo de 4.999 dólares (4.472 euros) e pode completarse cunha base con
rodas que custa 1.199 dólares (1.73 euros).
A nivel de hardware estamos ante un produto baseado nunha pantalla táctil 4K de
55 polgadas con HDMI 2.0, USB-C, 2 portos USB 3.0, saÃda SPDIF, Wi-Fi AC, NFC,
Gigabit Ethernet, altofalantes, micrófonos, cámara de grande angular e
accesorios que fan unha clara analoxÃa cos encerados tradicionais: un borrador
e 2 lapis dixitalizadores. Pode recoñecer até 16 puntos en pantalla e incluso é
compatible con Google Cast.
Estamos ante unha solución moi versátil, que tanto serve como lenzo de debuxo
como de sistema de videoconferencia ou de plataforma para poder empregar
durante unha xuntanza as ferramentas ofimáticas de Google para poder compartir
presentacións, documentos ou follas de cálculo. Incluso é posible sincronizar
varias Jamboards para que amosen a mesma información, de xeito que usuarios en
distintas localizacións poderÃan colaborar, deixando claro que estamos ante
unha solución que non é hardware puro, senón que está baseada principalmente no
software desenvolvido por Google, de xeito que é preciso contratar un plan de G
Suite para usar a Jamboard e incluso haberá que facer fronte a gastos anuais de
mantemento. Precisamente este modelo de negocio fai que a súa comercialización
internacional sexa progresiva, de xeito que tras EE.UU. polo momento só sabemos
que chegará a Reino Unido e Canadá (no verán), descoñecéndose o calendario de
lanzamento do produto para o resto do mundo.
VÃdeo de presentación da Jamboard de Google