Gradiant desenvolverá unha revolucionaria tecnoloxía de verificación de identidade online

xoves, 18 de febreiro do 2021 Sandra Rivadulla

JPEG - 105.2 KB
O xerente de Gradiant, Fernando Jiménez, e o director xeral do centro, Luis Pérez Freire, nunha imaxe do arquivo publicada no Diario Que!

O Centro Tecnolóxico Gradiant vai desenvolver unha tecnoloxía capaz de verificar a identidade dos cidadáns nos procesos online dos servizos públicos. O proxecto, pioneiro no seu ámbito de acción, basearase no concepto de Identidade Electrónica (eID), que é unha forma que teñen os usuarios para identificarse na rede. Ademais, utilizará tecnoloxías punteiras de Intelixencia Artificial e blockchain (cadea de bloques).
A actual crise sanitaria provocou a dixitalización de todo tipo de trámites e trouxo varios problemas conforme o acceso a internet e a non familiarización con este. Por iso, os 16 socios que compoñen este programa, pensaron en “crear unha ferramenta que representara a modernización eficaz, útil e segura”.
A iniciativa, que recibe o nome de IMPULSE, conta cun presuposto de case 4 millóns de euros e nela participan 15 entidades de 9 países.
Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant, sinala que “a dixitalización dos servizos da Administración Pública é unha das sete iniciativas emblemáticas identificadas no programa NextGen Europe, o cal da unha idea da dimensión estratéxica de IMPULSE”. Da mesma forma, o director de operacións de Alice Biometrics, explica que “no contexto de desenvolvemento tecnolóxico actual, a colaboración público-privada é fundamental para acelerar a dixitalización dos servicios públicos”.
En resumen, a innovación de IMPULSE céntrase na combinación das dúas tecnoloxías máis prometedoras do momento: a intelixencia artificial e as redes blockchain, co fin de mellorar a xestión da identidade dixital e a identificación electrónica no sector público. A gran parte dos cidadáns posúen xa dun DNI electrónico para facilitar os procesos de autenticación con servizos en liña. Porén, o seu uso é pouco claro.

PUBLICIDADE