Hoxe e mañá a cidade de León acolle a oitava edición de ENISE (Encontro Internacional de Seguridade da Información), un evento que xira arredor do mundo da ciberseguridade en España e que un ano máis elixe ao Parador San Marcos de León como punto de reunión. Detrás desta cita atópase INTECO (Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación) e o centro tecnolóxico galego Gradiant, que este ano empresta o seu apoio para levar adiante esta actividade que serve unha análise colectiva dos avances máis significativos producidos dende os eidos público e privado da protección TIC.
Emporiso, o eixo central da análise presidirao a Estratexia de Ciberseguridade Nacional, como espazo de encontro e coordinación dos diversos esforzos desenvolvidos entre administracións, industria e organizacións. Baixo a lema A estratexia nacional de ciberseguridade a exame, ENISE promove a análise e reflexión sobre os retos e os avances afrontados pola mesma, con particular énfase na cooperación público-privada e as oportunidades que esta representa para o desenvolvemento da industria de ciberseguridade en España.
E indo ao que nos toca de preto, Gradiant -como Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (Galician Research and Development Center in Advanced Telecomunications)- decidiu colaborar con este encontro, apostando pola seguridade na Rede, unha área na que salientan varias das súas solucións, como SCAPE, CloudSeep ou CriptoNube.
Gradiant participa na oitava edición de ENISE, o Encontro Internacional de Seguridade da Información
Compartir Este Artigo
