Gravador dixital de vídeo con sintonizador de TDT

martes, 2 de xuño do 2009 Marcus Fernández

LG Electronics introduce no Mercado español o seu gravador dixital de vídeo Scarlet LG RHT497H, con TDT integrado e que permite gravar máis de 477 horas no seu disco duro de 160 Gb. O dispositivo tamén conta con función Time Shift (que pode demorar as emisións televisivas en directo ata 6 horas, o que tamén serve para gravar unha película xa empezada dende o principio).
O gravador pode reproducir vídeo, música e imaxes tanto dende o seu disco duro coma da súa unidade de DVD e de unidades USB, o que mellora a versatilidade do dispositivo. Para conservar as gravacións almacenadas no disco duro nun soporte externo tamén é posible copialas a DVD a alta velocidade soportando multitude de formatos e soportes (DVD-RAM, DVD-R, DVD-RW, DVD+RW, DVD+R DL, DVD-RW modo vídeo e DVD-RW modo VR).
Para rematar de completar este dispositivo, inclúe saída de vídeo HDMI (con reescalado a 1.080 liñas en progresivo) e control SIMPLINK (para controlar os equipos conectados por HDMI CEC cun único mando a distancia). O seu prezo de venda recomendado é de 279 euros.

PUBLICIDADE