Guitarbud permite conectar unha guitarra eléctrica no iPhone
venres, 12 de marzo do 2010
Os afeccionados a tocar a
guitarra eléctrica que teñan un iPhone/iPod Touch agradecerán o lanzamento dun
accesorio chamado Guitarbud,
consistente nun cable de audio que permite conectar a guitarra ao terminal para
escoitar ou gravar as nosas sesións musicais á vez que podemos conectar uns
auriculares ou altofalantes para escoitar a música interpretada.
O cable está
á venda por 29,95 dólares (21,77 euros) e pode combinarse con
distintas aplicacións de gravación de audio do iPhone, que permiten dende facer
unha gravación básica ata aplicar efectos en tempo real.
VÃdeo de presentación do Guitarbud