HP prepara portátiles con acabados en madeira
martes, 28 de maio do 2019
Conseguir chamar a atención do consumidor é cada dÃa máis
difÃcil, e o xeito co que HP considerou oportuno dar a nota e conquistar ao
público é coa súa nova
serie de portátiles HP ENVY Wood, que como signo diferenciador e innovador
no uso de materiais fai uso de madeira real en parte do seu exterior
conseguindo unha aparencia realmente distinta a todo o que vimos até o momento.
Os equipos da familia HP ENVY Wood contarán cunha lamia de madeira auténtica en
3 combinacións posibles: negro con nogueira natural, branco de cerámica con bidueiro
branco ou prata natural con bidueiro pálido. Estes equipos tamén incluirán control
mediante Alexa, acendido mediante voz ou pegada dixital e a posibilidade de agochar
a súa webcam (para temerosos de que invadan a súa intimidade).
Estes novos equipos chegarán ao mercado no outono, desvelándose o seu prezo
cando se achegue a súa posta á venda.