HP presenta os seus computadores ecolóxicos

mércores, 14 de marzo do 2007 Raquel Noya

A partir do 20 de xullo deste ano, as regulacións que impón a Axencia Norteamericana de Protección Medioambiental esixen, entre outras cousas, que o subministro elétrico dos computadores convirta o 80 por cento da electricidade que reciben en enerxía eficaz e sostible. Mentres isto non acontece, as compañías prepáranse xa con modelos que van encamiñados a respectar estes índices. Unha delas é HP, que vén de dar a coñecer os seus novos PCs axeitados ó aforro de suministro eléctrico. Segundo a compañía, que presentou estes días tres modelos da gama HP Compaq, “estes poden ser configurados para achegarse ós obxectivos propostos, e, en todos eles, o custo por consumo de enerxía anual podería reducirse entre 6 e 58 dólares”.
Este novo proxecto da multinacional informática vai dirixido ás empresas e axencias do goberno, nas que o consumo de enerxía elétrica multiplícase polos centos ou milleiros de computadoras que se empregan nelas.
Os modelos dc5700 e dc7700 (presentados por HP) inclúen un procesador Intel Core Duo, e 80 GB de disco duro, 1GB de memoria, un DVD/CD-RW e o programa Windows XP Pro. O terceiro modelo ofrecido pola compañía, o dc5750 conta cun procesador AMD Athlon e 512 MB de memoria, 80 GB de disco duro, un DVD/CD-RW e, asemade, o Windows XP Pro.

PUBLICIDADE