HQ Trivia estrea concursos patrocinados esta semana
luns, 26 de marzo do 2018
O xogo móbil que permite participar nun concurso cun
presentador que formula as preguntas nun vÃdeo en directo, HQ Trivia, que
destaca por ofrecer premios económicos aos seus concursantes que participan
totalmente de balde, parece ter atopado o rego polo que seguir, aproveitando a
grande masa de usuarios que aglutina todos os dÃas para campañas como as que
ten esta semana, na que tras varios meses de actividade estrea patrocinadores
oficiais.
AsÃ, durante a xornada de hoxe celebrará o Air Max Day, xornada patrocinada por
Nike, na que celebrarán
unha partida sorpresa de 15 preguntas para que os gañadores poidan repartirse
100.000 dólares de premio, de xeito que os habituais do xogo terán que estar
atentos aos seus teléfonos para saber cando poderán participar nesta
competición que incluirá tamén un premio que os cartos non poden mercar (o que probablemente sexan unha edición
limitada de zapatillas Nike Air Max).
Pero tamén a
Warner Bros. pechou un acordo de patrocinio co HQ Trivia, que aseguran que
terÃa un investimento total de 3 millóns de dólares para promover 3 filmes, dos
que o primeiro serÃa Ready Player One.
Para dar unha maior visibilidade ao novo filme de Steven Spielberg en HQ
celebrarán unha partida o mércores cun bote de 250.000 dólares, que de seguro
que captará moita atención e casa especialmente coa produción patrocinada (xa
que está ambientada nun mundo de realidade virtual na que hai unha competición
que saldarase cun grande premio no mundo real).
HQ Trivia xunta a centos de milleiros de xogadores a diario, chegando ata preto
dos 2,2 millóns o pasado 4 de marzo e tendo como bote máximo ata o momento
50.000 dólares, polo que estas novas campañas patrocinadas poden supor un antes
e un despois para a plataforma, disparando a súa popularidade e demostrando o
poder que ten xuntar a unha grande audiencia diante do seu móbil durante varios
minutos e cun nivel de atención moi elevado.
