HTC Vive baixa de prezo para recibir ao seu sucesor
luns, 19 de marzo do 2018
A
primeiros de ano, no marco do CES de Las Vegas, presentouse
o novo casco de realidade virtual HTC Vive Pro, que principalmente supón
unha mellora da resolución das súas pantallas integradas e a incorporación de
auriculares de calidade no propio casco, e por fin anuncian cando chegará o
produto ao mercado: o casco
HTC Vive Pro solto (ou sexa, sen mandos, sensores nin adaptador sen fíos)
venderase a 879 euros e comezará a remitirse aos compradores o vindeiro 5
de abril.
Estamos ante unha solución cun prezo bastante elevado, pero o seu lanzamento
tamén ten impacto no modelo básico, pois o casco HTC Vive baixa xa agora de
prezo, pasando a custar oficialmente 599 euros, o que supón unha rebaixa de 100
euros fronte ao modelo anterior, aínda que o cambio de prezo deixarase notar
máis nos EE.UU., xa que alí
esta solución pasará a custar 499 dólares, o que supón pasar por debaixo da
barreira psicolóxica dos 500 dólares, o que podería animar a moitos
consumidores a facerse cun destes cascos.