HTC rexistra o seu primeiro trimestre con perdas
venres, 4 de outubro do 2013
O fabricante taiwanés publica os seus resultados
sen auditar para o terceiro trimestre do ano, rexistrando uns ingresos de
47.050 millóns de dólares taiwaneses (1.117 millóns de euros) e unhas perdas
operativas de 2.970 millóns (74,3 millóns de euros), o que supón a
primeira vez que a compañía dá perdas dende que que comezou a cotizar en 2002,
o que supón que a boa aceptación do HTC One non foi suficiente para revivir a
unha compañía que está a verse totalmente eclipsada por Apple e Samsung.
En boa medida os malos resultados de HTC están provocados por problemas dentro
da propia compañía, pois o HTC One tardou en chegar ao mercado moito máis do que
sería desexable por mor de dificultades técnicas, situación que parece que
volveu a repetirse co HTC One Mini, que tivo problemas de abastecemento.
A cotización bolsista de HTC caeu máis dun 50% nos últimos 12 meses, e a decadencia
podería continuar, pois os analistas non provén unha recuperación da compañía a
nivel de vendas.
Windows Phone nos móbiles con Android
HTC tamén foi unha das empresas que apoiou o lanzamento de
Windows Phone 8 cun par de terminais que, aínda que non conseguiron destacar
nun mercado dominado por Nokia levou a Microsoft a iniciar conversas con HTC
para estudar a posibilidade de introducir
Windows Phone nos móbiles baseados en Android da compañía, para o que a
compañía taiwanesa podería ter que pagar un custo de licenzas moi reducido (ou
incluso cero), e aínda que non se coñece o estado actual das negociacións, pero
de ser posible que algúns dos móbiles de HTC incluísen o sistema operativo
móbil de Microsoft como opción podería resultar moi interesante para os
consumidores.