HackForGood distingue unha proposta de enerxÃa sustentábel duns estudantes da UVigo
luns, 18 de marzo do 2024
Do 14 ao 16 de marzo máis de medio centenar de estudantes distribuÃdos en 12 equipos de diferentes titulacións da Universidade de Vigo competiron creando solucións de innovación social baseadas nos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel da ONU (ODS) na IX edición de HackForGood de Telefónica, impulsada pola Rede de Cátedras de Telefónica.
O gañador deste certame foi o equipo BACH-E e o seu modelo de resalto capaz de aproveitar a enerxÃa dos vehÃculos por estrada para xerar electricidade. O segundo e terceiro premio foron para Soil4Good, unha aplicación web para mellorar a sustentabilidade e produtividade dos cultivos agrÃcolas, e Neuro-Bridge, un dispositivo neuronal para a recuperación de persoas con mobilidade.
Os tres equipos, que foron galardoados cun premio de 1.000, 600 e 400 euros, respectivamente, disputarán agora a fase nacional do hackaton, na que competirán xunto aos tres mellores proxectos elixidos en cada certame local, celebrados simultaneamente en 16 cidades de toda España e nas que participaron un total de 25 universidades.
Indo á proposta gañadora, BACH-E, salientou polo novo uso que achega aos resaltos viarios e que expón un novo método de desenvolvemento de enerxÃa sustentábel e até agora non aproveitada, que poderÃa ser de gran utilidade en contornas rurais ou con escasa iluminación. Conségueo a través dun sistema mecánico que é capaz de xerar rotación, grazas ao peso do vehÃculo, e transmitila a un xerador eléctrico para producir enerxÃa. Segundo as súas estimacións, só coa implantación desta innovadora solución en 20 badéns dalgúns dos viarios máis transitados da cidade de Vigo poderÃase xerar enerxÃa abonda para alimentar durante un ano 170 farois LED. Pola súa banda, Soil4Good presenta unha aplicación web para dispositivos móbiles e navegadores, con diferentes funcionalidades para grandes e pequenos agricultores, que lles permitirÃa consultar e xerar informes de calidade do chan ou consellos para xestionar de xeito eficiente o chan e a auga dos cultivos, entre outras. En canto a Neuro-Bridge, achega un dispositivo neuronal a medida e pensado para ser prescrito por un facultativo e baixo demanda, para a recuperación de persoas con mobilidade reducida.
Asemade, na IX edición de HackForGood de Telefónica tamén se outorgaron catro premios temáticos, dotados cada un con 500 euros. No equipo Phykos recaeu o premio á Innovación Enerxética e Ambiental, coa súa proposta para reducir a pegada de carbono a través da utilización de granxas de algas para limpar a atmosfera; Cultivando Benestar Social levou o premio de Innovación Social, coa creación dun novo concepto de centro social que favorece a reinserción laboral de persoas con escasos recursos e problemas de acceso aos alimentos, a través da creación de hortos sustentábeis e inclusivos; Byte Busters, fÃxose co premio de Innovación e Responsabilidade Social Empresarial, coa súa proposta para empregar a tecnoloxÃa RFID para mellorar a xestión da despensa nos fogares e reducir o desperdicio de produtos; e Clean Forest, levou o premio de Transformación Dixital, coa súa innovadora solución para revitalizar parcelas forestais abandonadas ou en desuso, xerando os créditos de carbono que as empresas precisan.