Hammerhead HMR989, un ordenador con aires de modding
venres, 21 de xaneiro do 2011
En encontros tecnolóxicos
coma o Xuventude Galicia Net ou a Arroutada Party é habitual atopar equipos
informáticos modificados polos seus
donos acadando unha aparencia impresionante e tamén unhas altas prestacións,
pero para os usuarios que non queiran ou saiban realizar estes cambios
DARWINmachine vén de presentar o seu equipo Hammerhead HMR989, un
ordenador de alta gama cun chasis de aluminio e ecoresina cunha aparencia moi
rechamante e unhas caracterÃsticas que satisfarán a calquera esixente afeccionado
aos videoxogos para PC, pois estamos ante un equipo cun procesador Intel Core
i7-860 a 2,8 GHz, 4 Gb de RAM, unidade SSD de 40 Gb (pensado para a instalación
do sistema operativo), disco frontal hot
swap de 640 Gb, un espazo para un segundo disco hot swap, unha tarxeta gráfica nVIDIA ENGTX460, unidade DVD, fonte
de alimentación Kingston de 750 W e o sistema operativo Windows 7 Home Premium
de 64 bits. Por desgraza, este luxo ten un prezo: 2.899 dólares (2.127,87
euros).
