Harman Kardon prepara uns altofalantes que integran o asistente de Google
luns, 27 de agosto do 2018
Harman
Kardon vai pór á venda a finais de setembro os seus novos
altofalantes Citation 500, que presentaranse na feira IFA de BerlÃn nos
vindeiros dÃas e xa conta cun
premio EISA ao mellor produto 2018-2019. Estes altofalantes domésticos
presentan un acabado en tea e destacan por integrar ao asistente de Google, ou
sexa, que poderÃan verse como un Google Home Max de alta gama, xa que o seu
prezo de venda será de 549 libras esterlinas (606 euros).
Os altofalantes Harman Kardon Citation 500 integran altofalantes estéreo de 200
watts, con soporte de streaming de
audio de alta definición de até 24 bits a 96 KHz, un panel táctil LCD a toda
cor na súa parte superior e a posibilidade de empregalo tanto para reproducir
música como para controlar os nosos dispositivos domóticos.
Harman Kardon xa ten altofalantes con Cortana e Alexa, pero con este modelo co
asistente de Google dá un importante salto nunha gama de luxo orientada a un público moi esixente en calidade de son.