Hillary Clinton homenaxea o final da serie de televisión dos Soprano para anunciar o himno da súa campaña presidencial

mércores, 20 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Os aspirantes a candidatos para as eleccións presidenciais norteamericanas levan meses preparando as súas campañas para achegar apoios, e nesta ocasión están a aproveitar especialmente o poder da Rede, coma o caso de Hillary Clinton, que organizou un concurso na súa web para elixir a canción que servirá de himno na súa campaña presidencial.
Así, rexistráronse máis de 200.000 votos a cancións coma You are still the one de Shania Twain, Don’t look back de The Temptations, Suddenly I see de K.T. Tunstall ou I’m a believer de Smash Mouth, e para manter para anunciar o tema gañador o matrimonio Clinton protagonizou un vídeo no que se homenaxea o tan comentado final da serie televisiva de Los Soprano:


Na curta, Bill Clinton pregunta á súa muller Hillary polo tema que gañou o concurso, e cando vai responder a imaxe fúndese a negro, aparecendo en pantalla unha invitación a visitar unha páxina web para coñecer o resultado.
O tema elixido polos seguidores de Hillary Clinton foi You and I de Celine Dion, e a aspirante á candidatura demócrata pediu nun comunicado “as grazas ós milleiros de persoas que escribiron as súas fantásticas suxestión e se mantiveron en contacto connosco todo este tempo”.